Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

Desfile do traxe tradicional

       Organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Conservatorio de Música e o CEE María Mariño tivo lugar, o pasado día 13 de marzo, un desfile cos traxes tradicionais nos que participaron algunhas alumnas de 6º do noso centro. O acto foi moi emotivo.
 

Entroido 2014

Este ano o colexio polo Entroido marchou atrás no tempo. Polo noso cole, e en comparsas animando o barrio, desfilaron croniñóns (Educación Infantil), Picapedras (1º ciclo), Trogloditas (2º ciclo) e  castrexos (3º ciclo). Unha nota especial puxérona algúns país que se animaron a disfrazar con todos nós. Mágoa do tempo que non axudou! Grazas a todos pola vosa colaboración.
Aí tedes unha mostra dos disfraces!!! 

DÍA DA PAZ

Actividades

Celebración do día da Paz


Paz from ramondelasagra on Vimeo.

Nadal en Educación Infantil

Os máis pequenos do cole celebraron dun modo especial estes días previos ao Nadal. Aquí tedes unha mostra das cousas tan fermosas que fixeron.



E en Primaria estivemos con Isabel Risco.
Esta actriz de series da tele galega falounos, co seu especial sentido do humor, dun Nadal solidario, responsable e galego. Tamén falounos dese personaxe tan noso que anda polas montañas de Lugo: "O Apalpador".

De museos...


Esta semana na nosa cidade as visitas aos museos serán gratuitas.
Aquí tedes o enlace da noticia.

OBRA DE TEATRO 6º

Para celebrar o Día das Letras Galegas, os alumnos de 6º B representaron a obra de teatro “Cando Martiño fixo pis na noite de reis”, unha historia moi divertida sobre un neno que, apurado polas súas ganas de facer pipí, se atopa accidentalmente cos Reis Magos e, iso, traerá consigo divertidas consecuencias… Agradecemento especial merece Mencía, que se ocupou de adapta-la obra e escribir o guión.

Festival Letras Galegas Educación Infantil

O ciclo de educación infantil celebrou o aniversario dos 150 anos do libro «Cantares Gallegos». Aquí tedes o vídeo da celebración.

 
Vídeo letras galegas de Ruth en Vimeo.

Visita ao Museo de Belas Artes

O pasado venres 8 de marzo, os alumnos de 5º fomos  de visita ao Museo de Belas Artes na nosa cidade. Chegamos moi puntuais e alí agardabanos dous guías para mostrarnos as salas. Dividímonos en dous grupos porque todos xuntos eramos demasiados. 
Durante todo o percorrido, visitamos distintas salas e vimos cadros do máis  variado. Explicáronnos que estaban colocados por épocas e agrupados por autores. Vimos cadros modernos (un Picasso) e cadros antigos (retratos de reis e raíñas españois). Tamén explicáronnos como se restaura un cadro e vimos algún restaurado.
Despois da visita ás salas, fomos aos talleres. Alí déronnos materiais para  montar nós mesmos unha sala de Museo. Con cartolina, plastilina, fotografías de cadros e colores montamos pequenas salas que temos expostas nas nosas aulas.
A visita foi moi interesante e pasámolo xenial. 



Maxia!

Hoxe no cole tivemos un espectáculo de maxia que nos deixou abraiados .... porque non todo é o que parece!
O espectáculo estivo cheo de trucos, risas e moita emoción. Pablo de 2ºB e Sabela de 1ºB saíron ao escenario e axudáronlle ao mago a facer a maxia.






Grazas Mago Martín por facernos unha maxia tan divertida.

Entroido 2013

Seguindo co Proxecto "A esfera da auga" fixemos o tradicional e moi augado desfile de entroido polo barrio: fermosas pingas, coloridos paraugas, vaporosas medusas e ousados mergulladores. E como fin de festa....bailes carnavaleiros!
Cliqueade na imaxe


Circuítos eléctricos

Os alumnos de 6º curso  aprendemos a facer circuítos eléctricos. Primeiro, tivemos que deseñar  unha maqueta que constara de algún tipo de circuíto eléctrico (luces, movemento...). Despois, coa axuda das nosas familias, veciños, amigos e compañeiros buscamos os materiais (interruptores, cables, baterías...), e puxémonos mans á obra. Os resultados foron... sorprendentes!
Comprobádeo nas seguintes imaxes.




Grazas a todos os que colaboraron na realización dos circuítos.

Iniciamos un novo curso

Iniciamos un novo curso e tamén comezamos as celebracións. O día 31 de outubro toca Samaín. Nestas fotos veredes como está decorado o cole. A PASAR MEDO!





Aquí temos os corredores de Educación Infantil decorados.


Unha chea de cabazas chegaron ao noso cole.



A Santa Compaña estivo de visita. Vaia medo...






Despedimos á Santa Compaña ata o próximo ano. Esperámosvos.

ÁFRICA NA NOSA SALA DE XOGOS


No noso Infantil temos un espazo moi especial: a Sala de xogos, na que os nenos e nenas poden aprender dunha das  maneiras máis axeitada para a súa idade, XOGANDO.
Durante este curso, dentro das actividades que nos prantexamos para achegarnos á realidade do continente africano,  xurdiu a posibilidade de transformar un dos  seus recantos. E así foi:  grazas á colaboración das familias das tartarugas convertimos a casiña nunha JAIMA na que os nenos e nenas  ían poder “vivir” como bereberes.
Despois dun tempo, fomos coñecendo outra realidade da vida en África: a escola. Entón, decidimos modificar outro espazo da sala de xogos e recrear unha ESCOLA AFRICANA, con todas as súas carencias (uns tallos, unhas pizarras e pouco máis) pero ofrecendo un lugar onde disfrutar dun dos xogos máis divertidos: ser mestre e ser alumno cos teus amigos e amigas.
Esperemos que disfrutedes vendo algunhas imaxes  de como “vivimos África” durante estes meses no noso Infantil.

(Clica nas imaxes para ampliar)
 










Sons de África

O Papá de Rosalía de "Pitiños"e de Elba de 1º A, tivo a xentileza de compartir con todos nós as súas habilidades interpretativas co tambor.


De todas as grandes culturas musicales do mundo, a africana é a que posúe a maior variedade de tambores. Hainos para todas as ocasións e se diferencian entre sí, polo tamaño, a forma, o material de que están construídos e polas técnicas e o xeito de tocalos.

Carlos fixo unha pequena exhibición de como a sonoridade dos tambores pode simbolizar a voz e o comportamento de diferentes animais da sabana. Aportou a medida do ritmo para acompañarnos cantando "Jambo Bwana" e permitiunos executar diferentes ritmos e percutir sobre eles con gran intensidade.


Dámoslle as  grazas a Carlos Meléndrez  por proporcionarnos unha experiencia tan interesante!



MERCADO SOLIDARIO

Dentro do proxecto de África no que estamos traballando, organizamos no mes de febreiro un encontro para o alumnado do 3º Ciclo cunha ONG chamada "MIRADAS AL MUNDO".



Ao longo da charla impartida por María Martínez, mamá do noso cole, os nosos nenos e nenas achegáronse ás formas de vida dalgunhas aldeas de Guinea Bissau e tomaron conciencia dos problemas dos seus habitantes e comezaron a preguntarse como poderían axudar. Finalmente fixáronse como obxectivo conseguir os cartos necesarios (ao redor de 800 €) para construír un pozo de auga que permitise regar unha pequena horta e mellorase a vida dos habitantes da aldea, sobre todo das nenas e mulleres.

Aquí tedes o vídeo que vimos nós:


Para lograr o seu obxectivo, pensaron en organizar un mercado solidario pedindo a todo o alumnado do Centro a doazón de pequenos obxectos de adorno e xoguetes novos ou en bo estado. Ao mesmo tempo están a realizar pulseiras e outros traballos manuais que completarán a oferta do mercado.

Recollendo a súa idea e, sumándonos á súa ilusión, organizarémolo do seguinte xeito:


- RECOLLIDA DOS OBXECTOS E XOGUETES QUE SE QUEIRAN DOAR: desde o día 16 ata o venres 23. Cada titora recollerá o aportado polos seus alumnos e posteriormente será clasificado e valorado cun prezo de 1 ou 2 €.  

- MERCADO SOLIDARIO: LUNS, 26 DE MARZO, no patio do colexio. Os nenos e nenas, tanto de Infantil como de Primaria, que queiran comprar terán que traer os cartos o día 26 e asistirán ao mercadiño acompañados polas titoras ou mestras de apoio. Se algún papá ou mamá d@s nen@s de Infantil desexan acompañar aos seus fill@s no mercado, poderán acudir ao Centro ás 13 horas.

- O mercado (se é que queda algo por vender) permanecerá tamén aberto pola tarde, de 4 a 6, por se algunha familia prefire vir a esa hora.


Os cartos recadados serán ingresados, desde a Dirección do Centro, na conta bancaria de MIRADAS AL MUNDO e enviaremos fotocopia de xustificante de ingreso a todas as familias.

Grazas pola vosa participación.

UNHA MAÑÁ MOI MOVIDA.

O día 20 de xaneiro  actuaron para nós os BATIMBO BURUNDI. Un dos compoñentes do grupo  contounos que os tambores eran algo máis que instrumentos musicais. En Burundi,  os batimbo eran os encargados de tocar os tambores co fin de proclamar algunha nova importante que o rei, e máis tarde o presidente, quixeran transmitir ao pobo. Non estaba permitido tocar os tambores libremente; só o podían facer os batimbo  e só nas ocasións que o rei determinaba.
Estas son algunhas frases dos nosos compañeiros ao rematar a actuación.


-“A música era moi potente e forte.”


-“Tocaron e bailaron  música tradicional africana.”


-“Deixáronos tocar os tambores e non era tan fácil como parecía.”


-“Para tocar os tambores había que ter moitísima forza”.


-“Sentímonos como unha caixa de resonancia.”


-“Houbo un momento no que os tambores tocaron moi forte e todos aplaudían ao son dos tambores e todo vibraba moi forte, os corazóns, os corpos, as cadeiras… ¡¡¡Era moi emocionante!!!”


-“De tan forte que tocaban  sentiamos como vibraban  as cadeiras.”


-“Cando subín o escenario e toquei o instrumento comprobei que era moi complicado seguir o ritmo, e as baquetas pesaban moito.”



- “Había moita máis expectación da que parecía; era moi difícil non poñerse nervioso.”

E velaí vai o enlace ao blogue das profes de 2º onde atoparedes un vídeo da actuación para que sintades o mesmo que sentimos nós: