Aí tedes unha mostra dos disfraces!!!
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Entroido 2014
Este ano o colexio polo Entroido marchou atrás no tempo. Polo noso cole, e en comparsas animando o barrio, desfilaron croniñóns (Educación Infantil), Picapedras (1º ciclo), Trogloditas (2º ciclo) e castrexos (3º ciclo). Unha nota especial puxérona algúns país que se animaron a disfrazar con todos nós. Mágoa do tempo que non axudou! Grazas a todos pola vosa colaboración.
Entroido 2013
Seguindo co Proxecto "A esfera da auga" fixemos o tradicional e moi augado desfile de entroido polo barrio: fermosas pingas, coloridos paraugas, vaporosas medusas e ousados mergulladores.
E como fin de festa....bailes carnavaleiros!
Cliqueade na imaxe
O Entroido no CEIP Ramón de la Sagra!
E por fin chegou o esperado entroido ao cole!
O pasado venres 4 de Marzo, toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra celebramos esta festa que tanto nos gusta.
Como xa sabedes, este é o ano intenacional dos bosques polo que casi todos os disfraces rondaban esta temática.
Tivemos: árbores, leñadores e leñadoras, seres máxicos dos bosques, e ata á mesmísima Carapuchiña e o lobo feroz!
Todos xuntos fomos dar un paseo ao redor do vecindario, acompañados de papás, mamás, avós, avoas e amig@s para amosarlles a todos o guap@s que iamos. Para finalizar aterrizamos no patio do cole onde o pasamos bomba cuns bailes que tiñamos preparados para esta data.
Aquí tedes unha mostra dos espectaculares disfraces que luciron tanto profes como alumn@s.
Etiquetas:
Actividades,
Ano Internacional dos bosques,
Celebracións,
Entroido,
Festas
@s nen@s de 4º e os nosos traballos.
Mural realizado polos alumn@s de 4º nivel sobre "Picasso e as súas mulleres" tras asistir a unha visita á Fundación María José Jove.
Non vos parece que lles veu ben esta visita nesta época de Entroido?
***********************************************************************************
Disfrace para o segundo ciclo...
Este ano, como xa saberedes, é o ano internacional dos bosques.
Para contrubuír á súa conserva e preservación, no colexio xa temos realizado no que vai de curso numerosas actividades con este tema como fío condutor e o entroido non ía ser menos!
O alumnado do colexio seguro que se disfrazará con algún traxe relacionado con esta temática!
As nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Primaria, é dicir, 3º e 4º, iremos disfrazad@s dunhas misteriosas criaturas que moitos cren ter visto vivindo nos bosques galegos, dentro das árbores, debaixo das rochas, preto de ríos e lagoas...será verdade?
Para que poidades facer dito traxe, a continuación deixámosvos as instrucións que debedes seguir:
Estas son as plantillas para as fibelas:
As cores dos disfraces serán as seguintes:
4º A e 4º B poderán elexir entre cor vermella ou amarela
3ºA irá de cor azul
3ºB irá de cor verde
Este sería o resultado final:
Se nunca víchedes un trasno, recoméndovos estar preto do Ramón de la Sagra polo Entroido...Seguro segurísimo que algún aparece... :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















