No noso Infantil temos un espazo moi especial: a Sala de xogos, na que os nenos e nenas poden aprender dunha das maneiras máis axeitada para a súa idade, XOGANDO.
Durante este curso, dentro das actividades que nos prantexamos para achegarnos á realidade do continente africano, xurdiu a posibilidade de transformar un dos seus recantos. E así foi: grazas á colaboración das familias das tartarugas convertimos a casiña nunha JAIMA na que os nenos e nenas ían poder “vivir” como bereberes.
Despois dun tempo, fomos coñecendo outra realidade da vida en África: a escola. Entón, decidimos modificar outro espazo da sala de xogos e recrear unha ESCOLA AFRICANA, con todas as súas carencias (uns tallos, unhas pizarras e pouco máis) pero ofrecendo un lugar onde disfrutar dun dos xogos máis divertidos: ser mestre e ser alumno cos teus amigos e amigas.
Esperemos que disfrutedes vendo algunhas imaxes de como “vivimos África” durante estes meses no noso Infantil.
(Clica nas imaxes para ampliar)









































