UNHA MAÑÁ MOI MOVIDA.

O día 20 de xaneiro  actuaron para nós os BATIMBO BURUNDI. Un dos compoñentes do grupo  contounos que os tambores eran algo máis que instrumentos musicais. En Burundi,  os batimbo eran os encargados de tocar os tambores co fin de proclamar algunha nova importante que o rei, e máis tarde o presidente, quixeran transmitir ao pobo. Non estaba permitido tocar os tambores libremente; só o podían facer os batimbo  e só nas ocasións que o rei determinaba.
Estas son algunhas frases dos nosos compañeiros ao rematar a actuación.


-“A música era moi potente e forte.”


-“Tocaron e bailaron  música tradicional africana.”


-“Deixáronos tocar os tambores e non era tan fácil como parecía.”


-“Para tocar os tambores había que ter moitísima forza”.


-“Sentímonos como unha caixa de resonancia.”


-“Houbo un momento no que os tambores tocaron moi forte e todos aplaudían ao son dos tambores e todo vibraba moi forte, os corazóns, os corpos, as cadeiras… ¡¡¡Era moi emocionante!!!”


-“De tan forte que tocaban  sentiamos como vibraban  as cadeiras.”


-“Cando subín o escenario e toquei o instrumento comprobei que era moi complicado seguir o ritmo, e as baquetas pesaban moito.”



- “Había moita máis expectación da que parecía; era moi difícil non poñerse nervioso.”

E velaí vai o enlace ao blogue das profes de 2º onde atoparedes un vídeo da actuación para que sintades o mesmo que sentimos nós:

2 comentarios:

  1. Poned el video d las actuaciones de fin d curso, que estamos impacientes por vernos y que ns vean nestros padres.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. roberto gonzaléz romero30 de julio de 2012, 11:23

    queria saber as cancións de fin de curso 2012 moitas grazas atentamente


    roberto gonzaléz romero

    ResponderEliminar