¿PROXECTO A TRABALLAR NO 2012? Xorden moitas ideas iniciais que van deixando paso a dous temas que se manteñen sempre: AFRICA E CONTOS POPULARES.
Xa está! A facer campaña e eliximos o tema democraticamente.
Para levar a cabo as votacións nas que participará todo o alumnado, queda fixada a data do 17 de novembro.
Temos présa porque o calendario do 2012 estanos esperando e precisamos saber o tema que os rapaces queren traballar.
A Biblioteca do CEIP Ramón de la Sagra convértese nun lugar de festa, con mesa electoral, listaxes, identificación de votantes, escrutinios, actas... e uns votantes que se toman as cousas moi en serio. Non hai máis que verlles as caras.
Rematado o escrutinio e levantada a acta correspondente dáse lectura por megafonía dos resultados. Sae elixido co voto de 280 electores o tema de ÁFRICA.
Iniciamos o mes de xaneiro cunha marabillosa viaxe conxunta que nos levará por distintos lugares e aspectos deste continente inabarcable.
África
EU VOTEI POR ÁFRICA PORQUE ME GUSTABA A CANCIÓN DE ÁFRICA DO MUNDIAL DE FÚTBOL. TAMÉN PORQUE QUERÍA SABER COMO VIVÍA A XENTE EN ÁFRICA E TAMÉN PARA SABER A SORTE QUE TEMOS DE VIVIR AQUÍ.
ResponderEliminarOSIÑO: Mateo de la Torre Moruja.
Parabéns polo traballo que estades a facer todos, tanto os nenos como os ensinantes. Grazas por involucralos nese fermoso continente. Vica
ResponderEliminar