¿PROXECTO A TRABALLAR NO 2012?

¿PROXECTO A TRABALLAR NO 2012? Xorden moitas ideas iniciais  que van deixando paso a  dous temas que se manteñen sempre: AFRICA E CONTOS POPULARES.


Xa está! A facer campaña e eliximos o tema democraticamente.
Para levar a cabo as votacións nas que participará todo o alumnado, queda fixada a data do 17 de novembro.

Temos présa porque o calendario do 2012 estanos esperando e precisamos saber o tema que os rapaces queren traballar.
A Biblioteca do CEIP Ramón de la Sagra convértese nun lugar de festa, con mesa electoral, listaxes, identificación de votantes, escrutinios, actas... e uns votantes que se toman as cousas moi en serio.  Non hai máis que verlles as caras.




Rematado o escrutinio e levantada a acta correspondente dáse lectura por  megafonía dos resultados. Sae elixido co voto  de 280 electores o tema de  ÁFRICA.




Iniciamos o mes de xaneiro cunha marabillosa viaxe conxunta que nos levará por distintos lugares e aspectos deste continente inabarcable.
África

2 comentarios:

  1. EU VOTEI POR ÁFRICA PORQUE ME GUSTABA A CANCIÓN DE ÁFRICA DO MUNDIAL DE FÚTBOL. TAMÉN PORQUE QUERÍA SABER COMO VIVÍA A XENTE EN ÁFRICA E TAMÉN PARA SABER A SORTE QUE TEMOS DE VIVIR AQUÍ.

    OSIÑO: Mateo de la Torre Moruja.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo traballo que estades a facer todos, tanto os nenos como os ensinantes. Grazas por involucralos nese fermoso continente. Vica

    ResponderEliminar