Teatro " O cadro burlón "

Vídeo dos alumnos de cuarto nivel. Marabillosa obra de teatro dos alumnos de cuarto nivel, titulada: "O cadro burlón". Actividade programada dentro do proxecto de centro: " O son do mar".
Noraboa ás profes organizadoras.

Teatro "Os reis do océano"

Vídeo dos alumnos de cuarto nivel.
Marabillosa obra de teatro dos alumnos de cuarto nivel, titulada: "Os reis do océano". Actividade programada dentro do proxecto de centro: " o son do mar".
Noraboa ás profes organizadoras.

O alumnado de 3º visita : O MONUMENTO NATURAL COSTA DE DEXO-SERANTES

O Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes é un espazo natural protexido que abarca a costa norte do Concello de Oleiros. Neste espazo,e ao fío do proxecto "Son do mar", os alumnos/as de 3º realizaron o pasado xoves 20 de xuño dúas actividades guiadas , pertencentes ao programa de Educación Ambiental "O mar e a costa, recursos valiosos para todos" : unha visita á Aula do Mar, antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera que alberga o centro de visitantes da Costa de Dexo e que conta cunha exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona e un Roteiro polos sendeiros próximos a zona acantilada do espazo.
Saída a Dexo

Os peixiños do mar

 Queremos ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!

Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos.(Proxecto didáctico: "O son do mar")

Taller didáctico- práctico sobre o papel da pesca nos océanos, impartido por Diana e Pablo, pais de Ada de 1ºA (Proxecto didáctico: "O son do mar")                                             

Lecturas ao ganchete 2018

O luns 21 de maio ás once trinta horas, realizamos no patio a primeira sesión das tres programadas das Lecturas ao Ganchete. Por tríos de diferentes niveis baixaron as escaleiras do ganchete, provistos dun colar alusivo á actividade que decoraron na aula, un libro e unha toalla; para iniciar a primeira lectura que realizou o alumno maior do grupo aos dous restantes. O xoves próximo tocaralle ao segundo e o seguinte ao máis pequeno do grupo. A continuación, tras unha lectura de quince minutos continuará o recreo.
      A idea partiu do Equipo de Biblioteca do centro. Como xa se realizou en cursos anteriores, cada vez esperamos con máis interese o día de ler en compañía. Grazas por esta iniciativa!