O Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes é un espazo natural protexido que abarca a costa norte do Concello de Oleiros. Neste espazo,e ao fío do proxecto "Son do mar", os alumnos/as de 3º realizaron o pasado xoves 20 de xuño dúas actividades guiadas , pertencentes ao programa de Educación Ambiental "O mar e a costa, recursos valiosos para todos" : unha visita á Aula do Mar, antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera que alberga o centro de visitantes da Costa de Dexo e que conta cunha exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona e un Roteiro polos sendeiros próximos a zona acantilada do espazo.
Saída a Dexo
No hay comentarios:
Publicar un comentario