Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

A clase dos Pitiños e dos Peixiños na portada do xornal «El Ideal Gallego»

Unha fermosa sorpresa recibiron onte os maiores de Educación Infantil!

Cando chegaron ás aulas, os Peixiños e os Pitiños puideron comprobar que o seu proxecto saíra na portada dun importante xornal: «El Ideal Gallego»

O traballo do seu proxecto e o esforzo de nenos/as, mestras e familias tivo a súa recompensa con esta noticia que podedes ver na web: «Los periodistas del futuro afilan sus plumas en Infantil»

Parabéns.



Aquí tedes o pdf da portada do xornal «El Ideal Gallego» do día 27 de novembro de 2013.

As Meninas dos Gatiños e Coelliños

As fermosas meninas que os Coelliños e os Gatiños fixeron o curso pasado van a ser expostas este sábado en Ferrol, nun fermoso barrio chamado Canido.
Podedes votar unha ollada ao programa.

Festival Letras Galegas Educación Infantil

O ciclo de educación infantil celebrou o aniversario dos 150 anos do libro «Cantares Gallegos». Aquí tedes o vídeo da celebración.

 
Vídeo letras galegas de Ruth en Vimeo.

Visita aos Xardíns de Méndez Núñez

Os coelliños e os gatiños fixeron unha saída aos Xardíns de Méndez Núñez no Programa de Rutas Urbanas.


As Meninas chegan ao Ramón de la Sagra


Fermosas Meninas chegaron ao Ramón de la Sagra. Os nenos e nenas de  6º de Educación Infantil xunto coas súas familias foron os artífices destas marabillosas obras artísticas.
Os que desexen velas poden pasar polos corredores de Educación Infantil.

ÁFRICA NA NOSA SALA DE XOGOS


No noso Infantil temos un espazo moi especial: a Sala de xogos, na que os nenos e nenas poden aprender dunha das  maneiras máis axeitada para a súa idade, XOGANDO.
Durante este curso, dentro das actividades que nos prantexamos para achegarnos á realidade do continente africano,  xurdiu a posibilidade de transformar un dos  seus recantos. E así foi:  grazas á colaboración das familias das tartarugas convertimos a casiña nunha JAIMA na que os nenos e nenas  ían poder “vivir” como bereberes.
Despois dun tempo, fomos coñecendo outra realidade da vida en África: a escola. Entón, decidimos modificar outro espazo da sala de xogos e recrear unha ESCOLA AFRICANA, con todas as súas carencias (uns tallos, unhas pizarras e pouco máis) pero ofrecendo un lugar onde disfrutar dun dos xogos máis divertidos: ser mestre e ser alumno cos teus amigos e amigas.
Esperemos que disfrutedes vendo algunhas imaxes  de como “vivimos África” durante estes meses no noso Infantil.

(Clica nas imaxes para ampliar)
 










Sons de África

O Papá de Rosalía de "Pitiños"e de Elba de 1º A, tivo a xentileza de compartir con todos nós as súas habilidades interpretativas co tambor.


De todas as grandes culturas musicales do mundo, a africana é a que posúe a maior variedade de tambores. Hainos para todas as ocasións e se diferencian entre sí, polo tamaño, a forma, o material de que están construídos e polas técnicas e o xeito de tocalos.

Carlos fixo unha pequena exhibición de como a sonoridade dos tambores pode simbolizar a voz e o comportamento de diferentes animais da sabana. Aportou a medida do ritmo para acompañarnos cantando "Jambo Bwana" e permitiunos executar diferentes ritmos e percutir sobre eles con gran intensidade.


Dámoslle as  grazas a Carlos Meléndrez  por proporcionarnos unha experiencia tan interesante!



GUÍA DE LECTURAS 2011-2012

Desde a Biblioteca escolar achegamos esta pequena Guía de lecturas.
Recolle libros de recente aparición ou novamente reeditados e que nos parecen dignos de caer nas mans das nenas e nenos. 
Algúns deles, ademais, gardan relación con África: un continente que ha ter moito protagonismo no noso colexio no vindeiro trimestre.
Todos eles están expostos na estantería do vestíbulo, por se queredes botarlles unha ollada.


Desexásmovos a tod@s un ano cheo de ledicia...e boas lecturas!
 




Resolución do Certame de teatro e playback do Calvo Sotelo

Como moit@s xa saberedes, os nenos e nenas do noso centro quedaron en moi boa posición no Certame de teatro e playback celebrado no colexio Calvo Sotelo. Xa fixemos unha entrada co resultado do playback pero faltábannos os campeóns e campeonas que participaron na modalidade de teatro, así como as fotografías de tod@s.

Os premios de teatro foron os seguintes:

- Obra "La manzana" do alumnado de 1º A:
Primeiro premio de teatro na categoría "Benjamín".
Actores destacados: Mario Seoane Sánchez e Salvador Rancho Gaspar.
Actrices destacadas: Carolina Varela Vázquez e Noelia Temprano Lema.
Premio ao mellor actor do Certame na categoría "Benjamín": Mario Seoane Sánchez. 

- Obra " A Cousa que máis doe" do alumnado de 6º A de Infantil ( 5 anos):

Actores destacados: Brais Santos Fuentes e Pablo López Couceiro.
Actriz destacada: Andrea González Domínguez.


Moitísimas felicidades a todos e todas. Fíxéchedelo perfecto!

Tamén podedes ver as fotos d@s participantes na modalidade de playback:
- Canción do "waka-waka", representada polo alumnado de 3ºA:

(Segundo premio do certame)

-Canción "Ojos así", representada por alumnas de 6º:

(Terceiro premio do certame)

E velaí tedes os trofeos:


Noraboa a tod@s!

A visita de Carapuchiña Vermella e o seu amigo Pablo, o Trombonista de Hamelín

O pasado venres 25 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de primaria tivemos unha grande sorpresa na biblioteca do colexio: a visita de Carapuchiña Vermella e o seu amigo Pablo, o Trombonista de Hamelín.
Quedamos bastante sorprendidos e admirados coa súa presenza porque Carapuchiña xa non é unha nena. ¡Agora é unha moza a quen lle encanta patinar!.


Carapuchiña contounos que segue paseando e disfrutando do bosque como cando era pequena, coa súa carapucha vermella. Pero na súa cesta xa non hai mazás nin biscoito. Agora leva libros sobre os bosques cos que aprender sobre eles e contos fermosos que xiran arredor da espesura das árbores e os seus máxicos habitantes.
Explicounos tamén que anda un pouco preocupada pola conserva dos bosques nos que medrou e onde vivíu tantas aventuras. Por iso, decidíu visitarnos, para invitarnos a investigar nas nosas aulas sobre eles.
Aceptamos encantados, así que nas próximas semanas traballaremos e aprenderemos sobre este tema.


Gustounos tanto, tanto, tanto a visita de Carapuchiña e a música de Pablo que non os deixabamos marchar.  
Moitas grazas!