A visita de Carapuchiña Vermella e o seu amigo Pablo, o Trombonista de Hamelín

O pasado venres 25 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de primaria tivemos unha grande sorpresa na biblioteca do colexio: a visita de Carapuchiña Vermella e o seu amigo Pablo, o Trombonista de Hamelín.
Quedamos bastante sorprendidos e admirados coa súa presenza porque Carapuchiña xa non é unha nena. ¡Agora é unha moza a quen lle encanta patinar!.


Carapuchiña contounos que segue paseando e disfrutando do bosque como cando era pequena, coa súa carapucha vermella. Pero na súa cesta xa non hai mazás nin biscoito. Agora leva libros sobre os bosques cos que aprender sobre eles e contos fermosos que xiran arredor da espesura das árbores e os seus máxicos habitantes.
Explicounos tamén que anda un pouco preocupada pola conserva dos bosques nos que medrou e onde vivíu tantas aventuras. Por iso, decidíu visitarnos, para invitarnos a investigar nas nosas aulas sobre eles.
Aceptamos encantados, así que nas próximas semanas traballaremos e aprenderemos sobre este tema.


Gustounos tanto, tanto, tanto a visita de Carapuchiña e a música de Pablo que non os deixabamos marchar.  
Moitas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario