Mostrando entradas con la etiqueta Segundo Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Segundo Ciclo. Mostrar todas las entradas

VISITA AO PALACIO DE CAPITANÍA



PRESENTACIÓN 
O pasado día 25 de abril os alumnos de 3º asistimos ao cambio de guardia ao Palacio de Capitanía.
Aquí tedes unha presentación de todo o que vimos.

Candela Puga gañadora do Concurso de Cálculo Aloha

Candela Puga Presedo alumna de 3ºA do noso cole, foi a gañadora do 1º Campeonato de Cálculo Aloha na súa categoría, celebrado na Coruña o pasado sábado 20 de abril. Realizou 27 cálculos aritméticos en 5 minutos utilizando un ábaco e a súa axilidade mental. Sen erros.... claro! Noraboa!!!



Encontro poético: Chuvia de versos

Hoxe todas e todos os do 1º ciclo estivemos na Biblioteca Infantil de Durán Loriga.
Alí compartimos un tempo e moitos versos con Yolanda Castaño. Facíanos moita ilusión... e aínda máis ao sabermos que ela estudiou no noso cole cando veu vivir a Coruña.
Amosounos os seus libros e leunos poemas. Algún deles ben o coñeciamos nós e mesmo nos atrevimos a recitarllo con algunha variante:
       COMO EU XA SEI LER,
       MOITOS LIBROS QUERO TER.
       AS PALABRAS A VOAR
       POLO AIRES VOU BOTAR



Os alumnos do 2º ciclo tamén asistimos a un encontro poético coa escritora María Canosa e mergullámonos no imaxinario acuario que co seus versos fíxonos sentir a beleza da poesía.



Os do 3º ciclo fomos á Biblioteca a un encontro con Concha Blanco. Falounos de literatura oral e ensinounos a facer poesias a partir de palabras elixidas ao chou.



GUÍA DE LECTURAS 2011-2012

Desde a Biblioteca escolar achegamos esta pequena Guía de lecturas.
Recolle libros de recente aparición ou novamente reeditados e que nos parecen dignos de caer nas mans das nenas e nenos. 
Algúns deles, ademais, gardan relación con África: un continente que ha ter moito protagonismo no noso colexio no vindeiro trimestre.
Todos eles están expostos na estantería do vestíbulo, por se queredes botarlles unha ollada.


Desexásmovos a tod@s un ano cheo de ledicia...e boas lecturas!
 




Disfrace para o segundo ciclo...

Este ano, como xa saberedes, é o ano internacional dos bosques. 

Para contrubuír á súa conserva e preservación, no colexio xa temos realizado no que vai de curso numerosas actividades con este tema como fío condutor e o entroido non ía ser menos!

O alumnado do colexio seguro que se disfrazará con algún traxe relacionado con esta temática!

As nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Primaria, é dicir, 3º e 4º, iremos disfrazad@s dunhas misteriosas criaturas que moitos cren ter visto vivindo nos bosques galegos, dentro das árbores, debaixo das rochas, preto de ríos e lagoas...será verdade?

Para que poidades facer dito traxe, a continuación deixámosvos as instrucións que debedes seguir:

Estas son as plantillas para as fibelas:
As cores dos disfraces serán as seguintes:
4º A e 4º B poderán elexir entre cor vermella ou amarela
3ºA irá de cor azul
3ºB irá de cor verde



Este sería o resultado final:


Se nunca víchedes un trasno, recoméndovos estar preto do Ramón de la Sagra polo Entroido...Seguro segurísimo que algún aparece... :)