Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

A Nosa Biblioteca

Con especial ilusión, toda a Comunidade educativa agardaba a conmemoración do Día da Paz. Cal era o motivo? A reinauguración da biblioteca, na que os rapaces de 6º tiveron un papel estelar xa que actuaron como presentadores aos compañeiros, profesores e convidados.
Neste video podedes ver unha mostra da súa presentación. 
Máis abaixo deixámosvos tamén unhas imaxes que amosan o espazo renovado.







Un ilustrador de contos na Biblioteca

O ilustrador Calros Silvar estivo esta mañá na nosa Biblioteca para presentarnos a súa obra "O carballo" e falarnos da importancia de conservar o noso entorno. Quedamos abraiados coas súas preciosas ilustracións!


 

Un trasniño na biblioteca do cole


Hai uns días todas as aulas recibimos correspondencia dun trasno que di chamarse Cascarilla. Tamén recibimos a súa axuda en forma de ilustracións que aparecen decorando as paredes da biblioteca.
Velaí a imaxe coa que se presentou ante nós e unha das cartas que nos enviou.
Cliqueade na imaxe para ler a carta de Cascarilla.



Encontro poético: Chuvia de versos

Hoxe todas e todos os do 1º ciclo estivemos na Biblioteca Infantil de Durán Loriga.
Alí compartimos un tempo e moitos versos con Yolanda Castaño. Facíanos moita ilusión... e aínda máis ao sabermos que ela estudiou no noso cole cando veu vivir a Coruña.
Amosounos os seus libros e leunos poemas. Algún deles ben o coñeciamos nós e mesmo nos atrevimos a recitarllo con algunha variante:
       COMO EU XA SEI LER,
       MOITOS LIBROS QUERO TER.
       AS PALABRAS A VOAR
       POLO AIRES VOU BOTAR



Os alumnos do 2º ciclo tamén asistimos a un encontro poético coa escritora María Canosa e mergullámonos no imaxinario acuario que co seus versos fíxonos sentir a beleza da poesía.



Os do 3º ciclo fomos á Biblioteca a un encontro con Concha Blanco. Falounos de literatura oral e ensinounos a facer poesias a partir de palabras elixidas ao chou.



GUÍA DE LECTURAS 2011-2012

Desde a Biblioteca escolar achegamos esta pequena Guía de lecturas.
Recolle libros de recente aparición ou novamente reeditados e que nos parecen dignos de caer nas mans das nenas e nenos. 
Algúns deles, ademais, gardan relación con África: un continente que ha ter moito protagonismo no noso colexio no vindeiro trimestre.
Todos eles están expostos na estantería do vestíbulo, por se queredes botarlles unha ollada.


Desexásmovos a tod@s un ano cheo de ledicia...e boas lecturas!
 




COÑECENDO A BIBLIOTECA DO COLE!

A continuación poderedes ollar o tríptico que se repartiu esta semana a todos os nenos e nenas do colexio.
Lédeo con moita atención e así aprenderedes a empregar a biblioteca axeitadamente, a coidar os libros e a escoller os que máis vos interesan.

Moitas grazas, profes da biblioteca!


 (Clicade nas imaxes para agrandar)