Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Iniciamos un novo curso
Iniciamos un novo curso e tamén comezamos as celebracións. O día 31 de outubro toca Samaín. Nestas fotos veredes como está decorado o cole. A PASAR MEDO!
Aquí temos os corredores de Educación Infantil decorados.
Unha chea de cabazas chegaron ao noso cole.
Despedimos á Santa Compaña ata o próximo ano. Esperámosvos.
SAMAÍN 2011
Este ano o Samaín tamén chegou ao Ramón de la Sagra:
Trouxemos ao cole as cabazas máis terroríficas, decoramos todo o centro, fixemos unha selección dos contos e historias que daban máis medo e despois do recreo visitounos a Santa Compaña.
Pasámolo de medo!
A SANTA COMPAÑA VISITA O COLE...
Con motivo do Samaín, o venres pasado, a Santa Compaña visitou o noso colexio.
Despois do recreo unha música terrorífica inundou o colexio mentres estas almas perdidas e o vivo que os acompaña visitaban as nosas aulas e trataban de meternos medo.
Mirade as fotos que lles conseguimos sacar. Non foi fácil, eran moi escorredizos!!
Tríptico de Samaín
Clica nas imaxes para ampliar e ler o tríptico do Samaín elaborado polo equipo de Normalización Lingüística e polo equipo de Actividades Complementarias do cole.
Xa Chega o Samaín!
Xa chega o Samaín ao colexio! Para que teñades unha idea acerca desta festa tan divertida, a continuación poderedes ler un texto sobre a Santa Compaña, ver unhas fotos da decoración que temos no cole e ver un vídeo da canción de Mamá Cabra que cantan os nosos nenos e nenas de infantil.
Á esquerda, no apartado de WEBQUESTS tamén tedes unha actividade para que aprendades máis cousas de dita celebración.
Ademáis, no blogue I want to learn English (no apartado AS NOSAS WEBS E BLOGUES) atoparedes moitas actividades en inglés acerca da festa homóloga de Halloween, ademais dun video, caretas e debuxos para imprimir e colorear.
A SANTA COMPAÑA:
Segundo a tradición galega, a procesión da Sta. Compaña está composta por espectros de mortos ou almas en pena.
Os espíritus dos mortos saen cada noite sobre as doce partindo dunha igrexa e marchan en dúas ringleiras portando fachos.
A procesión vai encabezada por unha persoa viva portando unha cruz.
O portador da cruz non pode en ningún momento volver a vista nin renunciar ao seu posto durante toda a súa vida. Só quedará liberado cando cruce no seu camiño con outra persoa a quen lle entregar a cruz.
Para evitar reemprazar ao portador da cruz, as persoas que se atopen coa Santa Compaña deben trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou botarse boca abaixo.
Tamén deben permanecer en silencio para que os espíritus non se percaten da súa presenza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























