Xa Chega o Samaín!


 Xa chega o Samaín ao colexio! Para que teñades unha idea acerca desta festa tan divertida, a continuación poderedes ler un texto sobre a Santa Compaña, ver unhas fotos da decoración que temos no cole e ver un vídeo da canción de Mamá Cabra que cantan os nosos nenos e nenas de infantil.

Á esquerda, no apartado de WEBQUESTS tamén tedes unha actividade para que aprendades máis cousas de dita celebración.

Ademáis, no blogue I want to learn English (no apartado AS NOSAS WEBS E BLOGUES) atoparedes moitas actividades en inglés acerca da festa homóloga de Halloween, ademais dun video, caretas e debuxos para imprimir e colorear.



A SANTA COMPAÑA:

Segundo a tradición galega, a procesión da Sta. Compaña está composta por espectros de mortos ou almas en pena.
Os espíritus dos mortos saen cada noite sobre as doce partindo dunha igrexa e marchan en dúas ringleiras portando fachos.
A procesión vai encabezada por unha persoa viva portando unha cruz.
O portador da cruz non pode en ningún momento volver a vista nin renunciar ao seu posto durante toda a súa vida. Só quedará liberado cando cruce no seu camiño con outra persoa a quen lle entregar a cruz.
Para evitar reemprazar ao portador da cruz, as persoas que se atopen coa Santa Compaña deben trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou botarse boca abaixo.
Tamén deben permanecer en silencio para que os espíritus non se percaten da súa presenza.
Xa sabedes. Se vos atopades coa Santa Compaña... SILENCIO!  non vaia ser que vos vexan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario