Mostrando entradas con la etiqueta Santa Compaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Compaña. Mostrar todas las entradas

SAMAÍN 2011

Este ano o Samaín tamén chegou ao Ramón de la Sagra:

Trouxemos ao cole as cabazas máis terroríficas, decoramos todo o centro, fixemos unha selección dos contos e historias que daban máis medo e despois do recreo visitounos a Santa Compaña. 

Pasámolo de medo!




A SANTA COMPAÑA VISITA O COLE...

Con motivo do Samaín, o venres pasado, a Santa Compaña visitou o noso colexio. 
Despois do recreo unha música terrorífica inundou o colexio  mentres estas almas perdidas e o vivo que os acompaña visitaban as nosas aulas e trataban de meternos medo.
Mirade as fotos que lles conseguimos sacar. Non foi fácil, eran moi escorredizos!!