Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas

Curso 2013-2014




BENVIDOS!  






Comezamos un novo curso e con el algunhas novidades, novos compañeiros, novos libros.....e, por suposto, novas ilusións que agardamos se manteñan ao longo do curso.
Benvidos ao curso 2013-2014!

Iniciamos un novo curso

Iniciamos un novo curso e tamén comezamos as celebracións. O día 31 de outubro toca Samaín. Nestas fotos veredes como está decorado o cole. A PASAR MEDO!





Aquí temos os corredores de Educación Infantil decorados.


Unha chea de cabazas chegaron ao noso cole.



A Santa Compaña estivo de visita. Vaia medo...






Despedimos á Santa Compaña ata o próximo ano. Esperámosvos.

Comezamos un novo curso!

Arrancamos este ano co blogue do colexio facilitándovos a información que xa vos chegou á casa no tríptico de principio de curso, onde tedes información moi importante relativa a profesorado, calendario, horarios, datos de interese, etc. 

Podédelo descargar clicando nas imaxes que aparecen a continuación:


Desexamos que teñades un bo curso 2011-2012

Xa temos blogue do colexio!

Como vedes xa temos blogue de todo o cole. A partir deste intre trataremos de actualizar este espazo con todo tipo de contidos tanto para os nenos e nenas como para as nais e os pais.

Próximamente poderedes acceder a diferentes videos, fotografías, traballos realizados en clase, enlaces aos blogues de aula así como a páxinas para practicar e ampliar os contidos de diferentes materias,actividades como webquests, concursos, e un longo etcétera.
 

Así que xa sabedes: moi atent@s que aló imos!