Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

Samaín

O Samaín no cole
Queredes ver como celebramos o Samaín no cole?
Mirade detidamente as fotos e veredes como decoramos os nosos corredores e cortizas, as nosas cabazas e... a visita sempre terrorífica da Santa Compaña.Que non se diga de nós  que pechamos os ollos ao medo!!!


Entroido 2014

Este ano o colexio polo Entroido marchou atrás no tempo. Polo noso cole, e en comparsas animando o barrio, desfilaron croniñóns (Educación Infantil), Picapedras (1º ciclo), Trogloditas (2º ciclo) e  castrexos (3º ciclo). Unha nota especial puxérona algúns país que se animaron a disfrazar con todos nós. Mágoa do tempo que non axudou! Grazas a todos pola vosa colaboración.
Aí tedes unha mostra dos disfraces!!! 

DÍA DA PAZ

Actividades

Celebración do día da Paz


Paz from ramondelasagra on Vimeo.

Nadal en Educación Infantil

Os máis pequenos do cole celebraron dun modo especial estes días previos ao Nadal. Aquí tedes unha mostra das cousas tan fermosas que fixeron.



E en Primaria estivemos con Isabel Risco.
Esta actriz de series da tele galega falounos, co seu especial sentido do humor, dun Nadal solidario, responsable e galego. Tamén falounos dese personaxe tan noso que anda polas montañas de Lugo: "O Apalpador".

DÍA DA PAZ

Dentro do proxecto "A esfera da auga" co que imos traballar durante o segundo trimestre, cantamos a canción Planeta agua para celebrar o día da Paz.
Aquí tedes unhas fotos da celebración e dos traballos que fixemos.


Nadal



O Nadal no noso cole. Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados polos nenos e nenas cos que decoramos o centro.




MAGOSTO

DESCARGA O TRIPTICO DO MAGOSTO

FESTA DO MAGOSTO
Que festa máis grande tivemos hoxe no cole para celebrar o Magosto !
Primeiro preparamos os cucuruchos, logo comimos as castañas e por último fixemos bailes no patio.
Aquí tedes unha boa mostra de todo.
 
Moitas grazas ás familias que colaboraron achegando as castañas. Estaban boísimas!

Iniciamos un novo curso

Iniciamos un novo curso e tamén comezamos as celebracións. O día 31 de outubro toca Samaín. Nestas fotos veredes como está decorado o cole. A PASAR MEDO!





Aquí temos os corredores de Educación Infantil decorados.


Unha chea de cabazas chegaron ao noso cole.



A Santa Compaña estivo de visita. Vaia medo...






Despedimos á Santa Compaña ata o próximo ano. Esperámosvos.

DÍA DA PAZ


Os nenos e nenas do 3º ciclo falan:

"Reunímonos hoxe para celebrar o Día Mundial da Paz.

- Pero... por que hai un Día Mundial da Paz?
Para concienciar ao mundo de que non se debe usar a violencia e que houbo e hai persoas que traballaron e traballan para establecer a Paz que todos desexamos.

- Por que se celebra o 30 de xaneiro?
Porque foi cando morreu Mahatma Ghandi, gobernante indio, que adicou toda a súa vida a expandir a mensaxe de non usar a violencia.


- Para que un Premio Nóbel da Paz?
Para recoñecer o mérito a aquelas persoas que loitaron por un mundo mellor, a igualdade social e sen violencia.


Por este motivo, tamén foron galardonadas mulleres como Wangari, Leymah Roberta e Ellen Johnson; todas elas africanas:"

 E despois destas reflexións, todos e todas bailamos pola paz ao son de Jambo:











Achégase o Nadal!

Falta moi pouquiño para o Nadal e no CEIP Ramón de la Sagra propuxémonos deixar o cole ben engalanado. 
Fixemos postais de nadal que colgamos nas portas das nosas aulas, beléns que nos reciben polas mañás na entrada, decoramos as clases e máis os corredores, etc.
A continuación deixámosvos unha pequena mostra de moitas das marabillas que fixemos.  
Tomade nota da orixinalidade de todas elas!

O Magosto no Ramón de la Sagra.

O venres pasado celebramos o magosto no cole. 

Coma sempre, decoramos os corredores con motivos relacionados con esta celebración. 

Neste caso, a cada nivel tocounos traballar cun froito típico do outono. Buscamos información dos froitos que nos tocaron, argallamos receitas nas que se empregasen, escribimos contos e poemas nos que apareceran, fixemos debuxos deles e das súas árbores, etc.

Despois de tanto esforzo tiñamos máis que merecida unha boa recompensa así que despois do recreo comemos as castañas que tiñamos traído ao longo da semana e sacamos fotos para compartir con todos vós.

Que ben o pasamos!


O Entroido no CEIP Ramón de la Sagra!


E por fin chegou o esperado entroido ao cole!
O pasado venres 4 de Marzo, toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra celebramos esta festa que tanto nos gusta. 
Como xa sabedes, este é o ano intenacional dos bosques polo que casi todos os disfraces rondaban esta temática. 
Tivemos: árbores, leñadores e leñadoras, seres máxicos dos bosques, e ata á mesmísima Carapuchiña e o lobo feroz!
Todos xuntos fomos dar un paseo ao redor do vecindario, acompañados de papás, mamás, avós, avoas e amig@s para amosarlles a todos o guap@s que iamos. Para finalizar aterrizamos no patio do cole onde o pasamos bomba cuns bailes que tiñamos preparados para esta data.
Aquí tedes unha mostra dos espectaculares disfraces que luciron tanto profes como alumn@s. 

@s nen@s de 4º e os nosos traballos.

Mural realizado polos alumn@s de 4º nivel sobre "Picasso e as súas mulleres" tras asistir a unha visita á Fundación María José Jove.

Non vos parece que lles veu ben esta visita nesta época de Entroido?


***********************************************************************************