Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade. Mostrar todas las entradas

DÍA DA PAZ

Dentro do proxecto "A esfera da auga" co que imos traballar durante o segundo trimestre, cantamos a canción Planeta agua para celebrar o día da Paz.
Aquí tedes unhas fotos da celebración e dos traballos que fixemos.


Pozo "Ramón de la Sagra"

Hoxe estivo no centro a nai de Abadi, representante da ONG " Miradas al mundo" para facernos entrega dunha foto do pozo " Ramón de la Sagra", construido cos fondos obtidos coa colaboración e as actividades do noso alumnado , nunha aldea de Guinea Bissau.






MERCADO SOLIDARIO

Dentro do proxecto de África no que estamos traballando, organizamos no mes de febreiro un encontro para o alumnado do 3º Ciclo cunha ONG chamada "MIRADAS AL MUNDO".



Ao longo da charla impartida por María Martínez, mamá do noso cole, os nosos nenos e nenas achegáronse ás formas de vida dalgunhas aldeas de Guinea Bissau e tomaron conciencia dos problemas dos seus habitantes e comezaron a preguntarse como poderían axudar. Finalmente fixáronse como obxectivo conseguir os cartos necesarios (ao redor de 800 €) para construír un pozo de auga que permitise regar unha pequena horta e mellorase a vida dos habitantes da aldea, sobre todo das nenas e mulleres.

Aquí tedes o vídeo que vimos nós:


Para lograr o seu obxectivo, pensaron en organizar un mercado solidario pedindo a todo o alumnado do Centro a doazón de pequenos obxectos de adorno e xoguetes novos ou en bo estado. Ao mesmo tempo están a realizar pulseiras e outros traballos manuais que completarán a oferta do mercado.

Recollendo a súa idea e, sumándonos á súa ilusión, organizarémolo do seguinte xeito:


- RECOLLIDA DOS OBXECTOS E XOGUETES QUE SE QUEIRAN DOAR: desde o día 16 ata o venres 23. Cada titora recollerá o aportado polos seus alumnos e posteriormente será clasificado e valorado cun prezo de 1 ou 2 €.  

- MERCADO SOLIDARIO: LUNS, 26 DE MARZO, no patio do colexio. Os nenos e nenas, tanto de Infantil como de Primaria, que queiran comprar terán que traer os cartos o día 26 e asistirán ao mercadiño acompañados polas titoras ou mestras de apoio. Se algún papá ou mamá d@s nen@s de Infantil desexan acompañar aos seus fill@s no mercado, poderán acudir ao Centro ás 13 horas.

- O mercado (se é que queda algo por vender) permanecerá tamén aberto pola tarde, de 4 a 6, por se algunha familia prefire vir a esa hora.


Os cartos recadados serán ingresados, desde a Dirección do Centro, na conta bancaria de MIRADAS AL MUNDO e enviaremos fotocopia de xustificante de ingreso a todas as familias.

Grazas pola vosa participación.

Con pouco podemos alegrar a vida de moitos

Como xa se vos comunicou mediante unha nota, o CEIP Ramón de la Sagra está a colaborar coa Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil da Coruña na recollida de xoguetes para nenos e nenas con falta de recursos de diferentes colectivos.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración en tanto e canto poidades achegar ao colexio xoguetes e xogos en bo uso para estes nenos e nenas. Tendes de prazo ate o 25 de novembro.

Agradecémosvos a vosa colaboración que de seguro alegrará o Nadal a moit@s nen@s en situación desfavorecida.