Con pouco podemos alegrar a vida de moitos

Como xa se vos comunicou mediante unha nota, o CEIP Ramón de la Sagra está a colaborar coa Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil da Coruña na recollida de xoguetes para nenos e nenas con falta de recursos de diferentes colectivos.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración en tanto e canto poidades achegar ao colexio xoguetes e xogos en bo uso para estes nenos e nenas. Tendes de prazo ate o 25 de novembro.

Agradecémosvos a vosa colaboración que de seguro alegrará o Nadal a moit@s nen@s en situación desfavorecida.



2 comentarios:

  1. Sissshss…edúquese!

    Calar. Resignarse diante da minoría que impón o silencio, metáfora dos tempos actuais. Así o consegue a denuncia anónima contra o CEIP Ramón de La Sagra na Coruña, convertendo a docencia e as actividades afíns a ela nun eido mudo. Os responsables locais e autonómicos tamén enmudecen lavándose as mans. A normativa e os de uniforme que a aplican, entenden por contaminación acústica o timbre que pauta os tempos escolares; a celebración dos Días de…; mesmo os pitidos do silbato do profesor de educación física en días de bonanza climática.

    Cale o alumnado. Arrédese do patio a creatividade que carrexa Luditarde a través da música e dos xogos. Tápeselle a boca ao que desexa ensinar procurando a vida real alén das aulas. Espántense os paxaros das árbores que circundan o perímetro do centro. E así, ermos de vida os recreos, mantéñanse aos cativos ben calados nas clases, sen admitir preguntas. Ni mú, eh! Ás nais-coraxe póñaselle o pastor eléctrico para mantelas lonxe da eira educativa. E, se acaso, envíen no seu nome aos avós e aos pais, persoas de voz minguada pola idade ou polo disgusto de se ver no paro.

    Son un simple megáfono daqueles proxenitores da escola pública para berrar, berrar ben alto e incomodar a conciencia retrógada do veciño acusica. Amplifico o pesar de moitas persoas ata espertar ás autoridades que, por omisión ou incompetencia, non saen na defensa das aldeas de Astérix na cidade que son os colexios e as bibliotecas, onde a educación e a cultura aínda resisten o envite de múltiples inimigos. Berremos máis que nunca, gorxas do sentido común, que non berramos abondo!

    Héctor Pose, pai.

    ResponderEliminar
  2. Unamonos a ese berrar, no nos imos a conformar con unha simple queixa nin o conformismo das autoridades.
    Temos que volver a disfrutar da delicia dos nosos fillos o dia que toca festa no patío.
    Espero con moita ansia a circular da dirección na que nos informen de que se reanudan os xogos e alegrias de toda a familia escolar.
    Beatriz Fernández Lage

    ResponderEliminar