O Magosto no Ramón de la Sagra.

O venres pasado celebramos o magosto no cole. 

Coma sempre, decoramos os corredores con motivos relacionados con esta celebración. 

Neste caso, a cada nivel tocounos traballar cun froito típico do outono. Buscamos información dos froitos que nos tocaron, argallamos receitas nas que se empregasen, escribimos contos e poemas nos que apareceran, fixemos debuxos deles e das súas árbores, etc.

Despois de tanto esforzo tiñamos máis que merecida unha boa recompensa así que despois do recreo comemos as castañas que tiñamos traído ao longo da semana e sacamos fotos para compartir con todos vós.

Que ben o pasamos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario