Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

Magosto

Como vén sendo habitual, en novembro celebramos a festa do Magosto.Este ano a castaña tivo unha compañeira: a buxaina.Non podían faltar no programa  da festa, xogos relacionados coas dúas protagonistas.

O día 14 tiñamos todo argallado para comer as castañas e montar os xogos,pero.... as inclemencias do tempo fixo que pospuxéramos os xogos para o día 19. Foi unha mágoa, pero non hai mal que por ben non veña, xa que así tivemos dous días de festa. Aí vai a mostra!


O MAGOSTO

O venres 15 de novembro abría o cole as súas portas imaxinando o arrecendo a castañas asadas.
Os rapaces subían alporizados as escaleiras cara as súas aulas ollando a xeito de despedida as bonitas composicións feitas con froitos secos que esta semana decoraban a nosa entrada.





As cortizas dos corredores engalanáronse con motivos propios da celebración.




Xa vós imaxinades: O cole celebraba o seu Magosto. O remate final non podía ser outro que os bailes colectivos. Olládeo!!!


MAGOSTO

DESCARGA O TRIPTICO DO MAGOSTO

FESTA DO MAGOSTO
Que festa máis grande tivemos hoxe no cole para celebrar o Magosto !
Primeiro preparamos os cucuruchos, logo comimos as castañas e por último fixemos bailes no patio.
Aquí tedes unha boa mostra de todo.
 
Moitas grazas ás familias que colaboraron achegando as castañas. Estaban boísimas!

O Magosto no Ramón de la Sagra.

O venres pasado celebramos o magosto no cole. 

Coma sempre, decoramos os corredores con motivos relacionados con esta celebración. 

Neste caso, a cada nivel tocounos traballar cun froito típico do outono. Buscamos información dos froitos que nos tocaron, argallamos receitas nas que se empregasen, escribimos contos e poemas nos que apareceran, fixemos debuxos deles e das súas árbores, etc.

Despois de tanto esforzo tiñamos máis que merecida unha boa recompensa así que despois do recreo comemos as castañas que tiñamos traído ao longo da semana e sacamos fotos para compartir con todos vós.

Que ben o pasamos!


Magosto

Como xa sabedes, o xoves día 11 de novembro, festexamos o magosto no cole.
A cuarta hora baixamos ao patio, comemos castañas e representamos uns bailes moi divertidos que nos aprendera a profe de música. Pasámolo en grande!
Velaí vai unha pequena mostra!