Dentro do proxecto de África no que estamos traballando, organizamos no mes de febreiro un encontro para o alumnado do 3º Ciclo cunha ONG chamada "MIRADAS AL MUNDO".
Ao longo da charla impartida por María Martínez, mamá do noso cole, os nosos nenos e nenas achegáronse ás formas de vida dalgunhas aldeas de Guinea Bissau e tomaron conciencia dos problemas dos seus habitantes e comezaron a preguntarse como poderían axudar. Finalmente fixáronse como obxectivo conseguir os cartos necesarios (ao redor de 800 €) para construír un pozo de auga que permitise regar unha pequena horta e mellorase a vida dos habitantes da aldea, sobre todo das nenas e mulleres.
Aquí tedes o vídeo que vimos nós:
Para lograr o seu obxectivo, pensaron en organizar un mercado solidario pedindo a todo o alumnado do Centro a doazón de pequenos obxectos de adorno e xoguetes novos ou en bo estado. Ao mesmo tempo están a realizar pulseiras e outros traballos manuais que completarán a oferta do mercado.
Recollendo a súa idea e, sumándonos á súa ilusión, organizarémolo do seguinte xeito:
- RECOLLIDA DOS OBXECTOS E XOGUETES QUE SE QUEIRAN DOAR: desde o día 16 ata o venres 23. Cada titora recollerá o aportado polos seus alumnos e posteriormente será clasificado e valorado cun prezo de 1 ou 2 €.
- MERCADO SOLIDARIO: LUNS, 26 DE MARZO, no patio do colexio. Os nenos e nenas, tanto de Infantil como de Primaria, que queiran comprar terán que traer os cartos o día 26 e asistirán ao mercadiño acompañados polas titoras ou mestras de apoio. Se algún papá ou mamá d@s nen@s de Infantil desexan acompañar aos seus fill@s no mercado, poderán acudir ao Centro ás 13 horas.
- O mercado (se é que queda algo por vender) permanecerá tamén aberto pola tarde, de 4 a 6, por se algunha familia prefire vir a esa hora.- MERCADO SOLIDARIO: LUNS, 26 DE MARZO, no patio do colexio. Os nenos e nenas, tanto de Infantil como de Primaria, que queiran comprar terán que traer os cartos o día 26 e asistirán ao mercadiño acompañados polas titoras ou mestras de apoio. Se algún papá ou mamá d@s nen@s de Infantil desexan acompañar aos seus fill@s no mercado, poderán acudir ao Centro ás 13 horas.
Os cartos recadados serán ingresados, desde a Dirección do Centro, na conta bancaria de MIRADAS AL MUNDO e enviaremos fotocopia de xustificante de ingreso a todas as familias.
Grazas pola vosa participación.
Me ha encantado trabajar con todos los alumnos/as del colegio Ramón de la Sagra y con su profesorado.Ha sido una experiencia preciosa que ojalá la podamos repetir.
ResponderEliminar