O Papá de Rosalía de "Pitiños"e de Elba de 1º A, tivo a xentileza de compartir con todos nós as súas habilidades interpretativas co tambor.
De todas as grandes culturas musicales do mundo, a africana é a que posúe a maior variedade de tambores. Hainos para todas as ocasións e se diferencian entre sí, polo tamaño, a forma, o material de que están construídos e polas técnicas e o xeito de tocalos.
Carlos fixo unha pequena exhibición de como a sonoridade dos tambores pode simbolizar a voz e o comportamento de diferentes animais da sabana. Aportou a medida do ritmo para acompañarnos cantando "Jambo Bwana" e permitiunos executar diferentes ritmos e percutir sobre eles con gran intensidade.
Dámoslle as grazas a Carlos Meléndrez por proporcionarnos unha experiencia tan interesante!
Lucía, MOITAS GRAZAS por ocupar parte do teu tempo de lecer en facernos disfrutar destas actividades A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
ResponderEliminarAínda que non cho comente sempre, que saibas que VALORO E AGRADEZO a entrega, o tempo empleado e o cariño co que sei que fas este traballo.
Miles de bicos de bombón.