Alí compartimos un tempo e moitos versos con Yolanda Castaño. Facíanos moita ilusión... e aínda máis ao sabermos que ela estudiou no noso cole cando veu vivir a Coruña.
Amosounos os seus libros e leunos poemas. Algún deles ben o coñeciamos nós e mesmo nos atrevimos a recitarllo con algunha variante:
COMO EU XA SEI LER,
MOITOS LIBROS QUERO TER.
AS PALABRAS A VOAR
POLO AIRES VOU BOTAR
Os do 3º ciclo fomos á Biblioteca a un encontro con Concha Blanco. Falounos de literatura oral e ensinounos a facer poesias a partir de palabras elixidas ao chou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario