Disfrace para o segundo ciclo...

Este ano, como xa saberedes, é o ano internacional dos bosques. 

Para contrubuír á súa conserva e preservación, no colexio xa temos realizado no que vai de curso numerosas actividades con este tema como fío condutor e o entroido non ía ser menos!

O alumnado do colexio seguro que se disfrazará con algún traxe relacionado con esta temática!

As nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Primaria, é dicir, 3º e 4º, iremos disfrazad@s dunhas misteriosas criaturas que moitos cren ter visto vivindo nos bosques galegos, dentro das árbores, debaixo das rochas, preto de ríos e lagoas...será verdade?

Para que poidades facer dito traxe, a continuación deixámosvos as instrucións que debedes seguir:

Estas son as plantillas para as fibelas:
As cores dos disfraces serán as seguintes:
4º A e 4º B poderán elexir entre cor vermella ou amarela
3ºA irá de cor azul
3ºB irá de cor verde



Este sería o resultado final:


Se nunca víchedes un trasno, recoméndovos estar preto do Ramón de la Sagra polo Entroido...Seguro segurísimo que algún aparece... :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario