No noso Infantil temos un espazo moi especial: a Sala de xogos, na que os nenos e nenas poden aprender dunha das maneiras máis axeitada para a súa idade, XOGANDO.
Durante este curso, dentro das actividades que nos prantexamos para achegarnos á realidade do continente africano, xurdiu a posibilidade de transformar un dos seus recantos. E así foi: grazas á colaboración das familias das tartarugas convertimos a casiña nunha JAIMA na que os nenos e nenas ían poder “vivir” como bereberes.
Despois dun tempo, fomos coñecendo outra realidade da vida en África: a escola. Entón, decidimos modificar outro espazo da sala de xogos e recrear unha ESCOLA AFRICANA, con todas as súas carencias (uns tallos, unhas pizarras e pouco máis) pero ofrecendo un lugar onde disfrutar dun dos xogos máis divertidos: ser mestre e ser alumno cos teus amigos e amigas.
Esperemos que disfrutedes vendo algunhas imaxes de como “vivimos África” durante estes meses no noso Infantil.
(Clica nas imaxes para ampliar)
Fantástico proxecto este de África, que da tanto de si e fai que os nen@s estean a aprender tantas cousas; non so do ámbito académico senón tamén da vida.Grazas polo empeño que poñedes en que esto sexa así.
ResponderEliminarParabéns a todo o equipo de infantil e bicos para os nenos. Sodes os mellores! Vica
ResponderEliminarÉ unha sorte poder desfrutar dun espazo coma esa sala de xogos, como tamén é unha sorte que haxa persoas dispostas a colaborar e a facelo así de ben. Unha idea fantástica, é a mellor maneira de que os nen@s comprendan outras realidades, outros mundos e outras maneiras de vivir moi distintas á súa. Noraboa a mestres e a papás!
ResponderEliminarUn saúdo.
FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN A TOD@S
ResponderEliminarVolvede con gañas de aprender en septembro.