Mostrando entradas con la etiqueta 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 6º. Mostrar todas las entradas

Versos urbanos


Velaí o traballo de escenario realizado polos rapaces e rapazas de 6º, que recolle algúns dos textos literarios utilizados na aula.

OBRA DE TEATRO 6º

Para celebrar o Día das Letras Galegas, os alumnos de 6º B representaron a obra de teatro “Cando Martiño fixo pis na noite de reis”, unha historia moi divertida sobre un neno que, apurado polas súas ganas de facer pipí, se atopa accidentalmente cos Reis Magos e, iso, traerá consigo divertidas consecuencias… Agradecemento especial merece Mencía, que se ocupou de adapta-la obra e escribir o guión.

Circuítos eléctricos

Os alumnos de 6º curso  aprendemos a facer circuítos eléctricos. Primeiro, tivemos que deseñar  unha maqueta que constara de algún tipo de circuíto eléctrico (luces, movemento...). Despois, coa axuda das nosas familias, veciños, amigos e compañeiros buscamos os materiais (interruptores, cables, baterías...), e puxémonos mans á obra. Os resultados foron... sorprendentes!
Comprobádeo nas seguintes imaxes.




Grazas a todos os que colaboraron na realización dos circuítos.

Resolución do Certame de teatro e playback do Calvo Sotelo

Como moit@s xa saberedes, os nenos e nenas do noso centro quedaron en moi boa posición no Certame de teatro e playback celebrado no colexio Calvo Sotelo. Xa fixemos unha entrada co resultado do playback pero faltábannos os campeóns e campeonas que participaron na modalidade de teatro, así como as fotografías de tod@s.

Os premios de teatro foron os seguintes:

- Obra "La manzana" do alumnado de 1º A:
Primeiro premio de teatro na categoría "Benjamín".
Actores destacados: Mario Seoane Sánchez e Salvador Rancho Gaspar.
Actrices destacadas: Carolina Varela Vázquez e Noelia Temprano Lema.
Premio ao mellor actor do Certame na categoría "Benjamín": Mario Seoane Sánchez. 

- Obra " A Cousa que máis doe" do alumnado de 6º A de Infantil ( 5 anos):

Actores destacados: Brais Santos Fuentes e Pablo López Couceiro.
Actriz destacada: Andrea González Domínguez.


Moitísimas felicidades a todos e todas. Fíxéchedelo perfecto!

Tamén podedes ver as fotos d@s participantes na modalidade de playback:
- Canción do "waka-waka", representada polo alumnado de 3ºA:

(Segundo premio do certame)

-Canción "Ojos así", representada por alumnas de 6º:

(Terceiro premio do certame)

E velaí tedes os trofeos:


Noraboa a tod@s!

CONTAMOS CONVOSCO!!

Anunciámosvos que algún rapaces e rapazas do noso cole van actuar no colexio Calvo Sotelo. 
Gustaríanos moito contar coa vosa presencia e o voso apoio, así que vos convidamos a todos e todas a vir vernos nas seguintes datas:


- Luns 23 de maio (Teatro):

Ás 17:00 actuarán os rapaces e rapazas de 1º B coa representación da obra "La Manzana".
Ás 18:00 actuarán os nenos e nenas de 5 anos coa representación da obra "A cousa que máis doe".


- Mércores 25 de maio (Baile):

A partir das 19:00 actuarán os nenos e nenas de 3º A co baile do "Waka-waka" e as nenas de 6º de Primaria co baile da "Danza do Ventre".



Agardámosvos alí!