Visita ao Museo de Belas Artes

O pasado venres 8 de marzo, os alumnos de 5º fomos  de visita ao Museo de Belas Artes na nosa cidade. Chegamos moi puntuais e alí agardabanos dous guías para mostrarnos as salas. Dividímonos en dous grupos porque todos xuntos eramos demasiados. 
Durante todo o percorrido, visitamos distintas salas e vimos cadros do máis  variado. Explicáronnos que estaban colocados por épocas e agrupados por autores. Vimos cadros modernos (un Picasso) e cadros antigos (retratos de reis e raíñas españois). Tamén explicáronnos como se restaura un cadro e vimos algún restaurado.
Despois da visita ás salas, fomos aos talleres. Alí déronnos materiais para  montar nós mesmos unha sala de Museo. Con cartolina, plastilina, fotografías de cadros e colores montamos pequenas salas que temos expostas nas nosas aulas.
A visita foi moi interesante e pasámolo xenial.