E por fin chegou o esperado entroido ao cole!
O pasado venres 4 de Marzo, toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra celebramos esta festa que tanto nos gusta.
Como xa sabedes, este é o ano intenacional dos bosques polo que casi todos os disfraces rondaban esta temática.
Tivemos: árbores, leñadores e leñadoras, seres máxicos dos bosques, e ata á mesmísima Carapuchiña e o lobo feroz!
Todos xuntos fomos dar un paseo ao redor do vecindario, acompañados de papás, mamás, avós, avoas e amig@s para amosarlles a todos o guap@s que iamos. Para finalizar aterrizamos no patio do cole onde o pasamos bomba cuns bailes que tiñamos preparados para esta data.
Aquí tedes unha mostra dos espectaculares disfraces que luciron tanto profes como alumn@s.
Grazas Luci por traballar, incluso nas vacacións, para que calquera poida ver o ben que o pasamos neste Entroido.
ResponderEliminarTAMÉN O MEU AGRADECEMENTO POR ACTUALIZAR O BLOGUE COAS APORTACIÓNS DE TODOS.
BICAZOS DE CHOCOLATE.
É un verdadeiro placer.
ResponderEliminarGrazas a ti polos teus comentarios tan cheos de tenrura.
Un bico forte, profe Encarna ;)
Lucía, eu tamén quero darche as grazas pola ilusión que tes no blogue. Xa ves que ten moito éxito posto que hai xa máis de 3000 visitas.
ResponderEliminarA verdade é que pasámolo moi ben o día do entroido e había disfraces moi orixinales.
Apertas. Loli D.
Grazas a vos porque sen as vosas fotos, aportacións e traballo diario esto non sería posible.
ResponderEliminarA verdade é que, polo que parace, o blogue está tendo unha boa acollida e é un xeito sinxelo de achegar un pouquiño o cole ás casas.
Grazas polos agarimos!
Un bico moi forte compi ;)
Profes do Ramón sodes do mellor.
ResponderEliminarGracias pola vosa entrega e edicacion aos nosos fill@s