Os nenos e nenas do 3º ciclo falan:
"Reunímonos hoxe para celebrar o Día Mundial da Paz.
- Pero... por que hai un Día Mundial da Paz?
Para concienciar ao mundo de que non se debe usar a violencia e que houbo e hai persoas que traballaron e traballan para establecer a Paz que todos desexamos.
- Por que se celebra o 30 de xaneiro?
Porque foi cando morreu Mahatma Ghandi, gobernante indio, que adicou toda a súa vida a expandir a mensaxe de non usar a violencia.
- Para que un Premio Nóbel da Paz?
Para recoñecer o mérito a aquelas persoas que loitaron por un mundo mellor, a igualdade social e sen violencia.
Por este motivo, tamén foron galardonadas mulleres como Wangari, Leymah Roberta e Ellen Johnson; todas elas africanas:"
E despois destas reflexións, todos e todas bailamos pola paz ao son de Jambo:
foi mui bonito,los de 6º,4º y 5º son xeniais.Handa que os de 5º son bufff...non podo nin contalo...!Son xeniais¡
ResponderEliminarComo nai, alégrome moito de que poidérades sair novamente ao patio a celebrar con cancións e bailes unha data especial como o Día da Paz. Noraboa e grazas.
ResponderEliminarFoy moy bonito todo todos bailando e celebrando o día da paz moy bonito e que sigades hasi e a os de 6ºb lo hicimos moy ben felicidades e que todos aproberes
ResponderEliminar