Parabéns ás rapazas e rapaces de 6º e de 3º que gañaron hoxe o 3º e 2º premio respectivamente do festival de playback celebrado no centro Calvo Sotelo!!
Moitísimas grazas a todas as profes e alumn@s que viñeron vernos e estiveron alí connosco, apoiándonos e dándonos agarimos.
Tamén a tod@s aqueles e aquelas que quixeran ter estado pero non puideron, e por suposto a todos os pais, nais e demais familiares que se portaron de forma excepcional, axudándonos en todo o posible e animando aos seus fillos e fillas como solo eles/as saben facer. GRAZAS A TOD@S!
Por último, e non por iso menos importante, GRAZAS a todas as bailarinas e bailaríns por facernos pasar tan bo rato e deixar ao cole en tan boa posición.
Para nós, independentemente do posto no que quedarades, sodes TOD@S @s número 1, FENÓMEN@S!!
En canto teñamos as fotos do certame as iremos poñendo no blogue. Estade atent@s!
Noraboa a todos eses rapaces e rapazas que tan ben o fixeron onte.
ResponderEliminarAna Neira