Como cada ano, rematan as clases e remata, para algúns e algunhas, unha etapa na súa vida académica. Estamos a falar dos alumnos e alumnas de 6º. Nesta entrada eles/as e as súas mestras son os/as protagonistas.
Para celebrar o comezo desta nova etapa que empezarán o curso que ven, e para despedirse dunha etapa xa superada, que é a educación primaria, o alumnado de 6º e as súas titoras organizaron un bonito e emotivo acto de despedida do que fomos partícipes moitos de nós.
Neste acto non faltou de nada: lectura dunhas verbas que reflexaban o sentir xeral do alumnado; palabras por parte da dirección do centro e máis das titoras Loli e Mercedes; entrega de diplomas; intercambio de agasallos e ate unha actuación en directo entre outras moitas cousas.
Para tod@s @s que queirades recordar este precioso día, e para tod@s @s aqueles/as que non puidéchedes estar alí, deixámosvos as fotografías do que foi unha tarde realmente conmovedora.
Por último dicir que unha etapa tamén se pecha, abrindo outra nova e ben merecida, para tres mestras do noso colexio Ramón de la Sagra: Loli López, Pepita e Delia, ás que botaremos moito de menos os cursos vindeiros e ás que desexamos unha vida chea de ledicia. Non cambiedes nunca.
Moi boa sorte a estas mestras e a estes/as nenos/as que nos deixan (agardamos que nos visitedes a cotío)!
Los que ya no estan este año los sigo viendo a algunos e n la calle:
ResponderEliminarSARA-UXIA-DANI-ROI...
Y algunos que se fueron hace dos años:
MARIA Y JUAN.