Edukambi visita aos rapaces e rapazas de 3º!


O pasado xoves 3 de marzo, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria recibimos unha sorpresa moi agradable: Os biólogos e biólogas que forman o grupo "Edukambi" visitaban o noso colexio para falarnos acerca de moitos aspectos relacionados coa auga: O seu ciclo, a importancia da auga potable e o funcinamento básico dunha depuradora: a filtración e a sedimentación. 

Para isto, Adhara, Martina e Noel dividíronnos en dous grupos: primeiro fomos 3º B e cando acabamos, 3º A. En ambolos dous grupos levamos a cabo actividades similares. 



Primeiro nos explicaron todos os aspectos mencionados con anterioridade coa proxección dun power point moi chulo e a través de diversas preguntas que nos fixeron activar a mente. 
Chegou un momento no que tiñamos tantas inquietudes que casi os desbordamos a preguntas!


Despóis, cada clase foi dividida en 2 grupos que participamos nun taller onde nós mesm@s puidemos observar os procesos de filtración e depuración que se levan a cabo nunha depuradora. 
Foi moi interesante!




Por último, con todo o aprendido, cada clase realizou 2 murales: un mostrando o ciclo da auga, e outro con ideas importantes e accións que levaremos a cabo para aforrar auga.




Antes de marchar, os "Super-biólogos" (como lles chamamos nós) repartíronnos uns boletíns con actividades moi divertidas e interesantes relacionadas coa educación ambiental.


Para os que queirades seguir aprendendo a coidar o medio ambiente, nos menús da dereita, en concreto no "noso recuncho ecolóxico" tedes o link á páxina web de Edukambi.

Eles tamén falaron de nós na súa web. Mirádeo clicando aquí.

Ademáis, despois de pasar polo cole sairon en varios periódicos. Clicade aquí para ler a noticia do Ideal Gallego e clicade aquí para ler a noticia do Correo Gallego.

A verdade é que foi unha experiencia única e moi especial que esperamos se poida repetir.
Grazas "super-biólogos" por ser tan maxetes e por facernos aprender ao tempo que nos divertimos tanto.

Foi un verdadeiro placer ;)

2 comentarios:

  1. Me encanta como quedaron

    ResponderEliminar
  2. Noraboa e grazas por compartir as vosas experiencias!
    Xa disfrutei vendo a actividade no recuncho ecolóxico;pero todavía me gustou máis ver os murais no corredor da 2ª planta.
    Espero impaciente seguir disfrutando con vós!

    BICOS DE CHOCOLATE PARA TODOS E TODAS.

    ResponderEliminar