Premios de Teatro




As familias, alumnos e profesoras, encargadas do teatro, tivemos unha cita o sábado 20 de xuño ás cinco e ás oito da tarde no Calvo sotelo.  Chegábamos todos alporizados, polo tempo que nos esperaba, antes de saber o resultado das votacións.
Ás cinco da tarde os nenos de 2º A saberían o seu resultado. Antes presentaron a actriz Sheyla Fariña e as actuacións dun mago e grupos de baile.
Ás oito da tarde tocaríalle aos de 5º nivel coas súas obras “O documento “ e “ Percebes para a crise”.
  A tarde transcurriu amena polo vistoso dos espectáculos e a algarabía dos espectadores; especialmente cheo o aforo na segunda sesión, por ser moitos os grupos participantes.
   O resultado final foi o seguinte: “A ratiña presumida”de 2º A acadou o 4º premio e sete actores e actrices destacados. “Percebes para a crise” o quinto premio e seis actores destacados.” O documento”, aínda que non obtivo premio tamén tivo actores destacados.
Todos recibimos felices as estatuillas e  diplomas que recoñecen o traballo e o interese dos nenos que son os principais protagonistas do evento. A competencia era forte, pero logramos saír airosos. O ano que vén, máis. Parabéns a todos os que co seu esforzo fan que o teatro continúe a súa andadura, ano tras ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario