O NACEMENTO DO DRAGÓN

     O mércores 20 de maio, os alumnos de 2º B representaron para os compañeiros doutros cursos, a súa obra de títeres:" O nacemento do dragón", seguindo o Proxecto de centro sobre China. Realizárono en dúas sesións.
     A profesora e intérpretes queren agradecer as profes Elisa, Isabel e Chus a súa axuda na planificación da obra e a compañeira de 2º A, Sofía, pola súa presentación. Noraboa a todos!
     Este vídeo enviarase a Normalización lingüística coma unha actividade  de  galego do  noso centro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario