Unha nova promoción que marcha para a ESO

      O pasado 23 de xuño ás cinco da tarde, a nosa biblioteca vestíase coas súas mellores galas, para ofrecer a todos os presentes o acto de despedida dos alumnos de sexto nivel que remataron a súa andadura polo noso colexio.
      Foi un acto emotivo no que os alumnos nos ofreceron unha película dos distintos momentos da súa vida, actuacións musicais en directo, discursos por parte dos pais, Directora  e entrega de diplomas e agasallos.
      O acto rematou cuns pinchos ofrecidos polos pais aos presentes.
      Desexámosvos a todos o mellor na nova etapa escolar que comezades en setembro e lembrade que seguimos aquí para todo o que necesitedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario