Entre fósiles

O mércores, día 26, no terceiro ciclo de Primaria, tivemos a ocasión de asistir a unha conferencia estupenda na nosa Biblioteca. O proxecto da Prehistoria que estamos a desenvolver, medra grazas ao apoio das familias, que nunca nos falta: Luisa, mamá do noso cole e profe da Universidade, tróuxonos ao seu compañeiro Roberto, especialista en Paleontoloxía. Da súa man achegámonos ao valor dos fósiles e á evolución da vida no noso planeta.
Gustounos moitísimo! GRAZAS, Roberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario