Nadal

Xa é tempo de Nadal!!! O cole cóbrese cos motivos e as actividades propias destas datas: decorado da entrada coa colaboración das familias, cortizas cubertas de renos, postais, árbores...
Outras actividades: 
Os nenos de E. Infantil. 1º, 2º e 3º  deixan no buzón real  as súas cartas aos Reis Magos (Martes 17)
 A solidaridade e a responsabilidade veñen da man de Isabel Risco coa súa actuación na biblioteca para 3º, 4º, 5º e 6º (Mércores 18).
 Papá Noël ponse en forma no noso cole cunha actuación supermarchosa !!! (Xoves 19). Ese mesmo día os  de 1º saen ao CGAI a ver unha película.
 O venres 20 os nenos/as de E. infantil enchen a biblioteca de alegría co seu festival.
Como colofón final nas aulas celebran o fin de trimestre cantando as súas panxoliñas.


E para os nenos que se aburren... Actividades de Nadal !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario