Charla da policía

Hoxe un policía chamado Tomás veu a falarnos sobre as vantaxes e riscos (que tamén os hai) de internete. Explicou o que era o sexting, o acoso virtual, o grooming, a privacidade nas redes sociais, a usurpación de identidade e, sobre todo, ensinoulle ós nenos como actuar cando se atopen nun problema. O máis importante: non ter vergoña de pedir axuda, ben sexa a pais, profes ou calquera adulto de confianza. Foi moi interesante!

2 comentarios:

  1. Agardo que os alumnos que acudiron a esta charla atenderan moito para que non pase nada.

    ResponderEliminar
  2. todos os vídeos que apareceron nesta charla son de verdadeira importancia.
    moitas grazas

    ResponderEliminar