CANTIGAS GALEGAS - LETRAS GALEGAS

 Un grupo de  alumnos de quinto nivel amenizou o inicio da obra de teatro:"As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", con cantigas acompañadas de gaitas, pandeiretas...
Fixérono moi ben!


LECTURAS DO GANCHETE

Como vos íamos anunciando, o martes 16 de maio, iniciamos as lecturas do ganchete. Os nenos agrúpanse  por tríos de diferentes cursos. Un deles selecciona un libro que lles le aos outros dous compañeiros. Están no patio sentados sobre unha toalla que aporta o alumno maior. Iníciase ás 11, 20 ata as  11, 45 h que comeza o recreo. Farano dous días máis nos que se intercambia o alumno lector. Gustoulles a experiencia de ler acompañados!


LETRAS GALEGAS 2017

Grazas aos compañeiros e compañeiras do Seminario de Galán, do que forman parte Pilar e Paz, compañeiras do noso colexio, que nos facilitan toda a información para traballar todos nós.